Probas de aptitude física 2017-2018 de Acceso ao Grao en CC da Actividade Física e do Deporte

Probas Físicas de Acceso o Grao en CC da Actividade Física e do Deporte 2017-2018
Información na nova web do centro

Video Demostrativo das Probas Físicas de Acceso ao Grao en CCAFD

Deben superarse con APTO 6 das 7 probas fisicas, sendo obrigatorio obter o APTO na 1ª de Habilidades Acuáticas


Información Convocatoria 2017-18

1. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2017-18) e na seguinte (convocatoria do 2018-19).

2. Polo tanto, o alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2017-18) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2018-19).

3. Recoñécense as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española. É dicir, poderán acceder a esta titulación as personas que superasen as probas específicas de acceso coa cualificación de APTO (ou equivalente) en calquera facultade do sistema universitario español durante o ano natural 2016 ou 2017 (sempre e cando as superase antes da apertura dos prazos que establece a Comisión Interuniversitaria de Galicia -CIUG: http://ciug.cesga.es/- para o acceso a centros con límite de prazas.)

4. Este ano tamén se aprobaron dúas datas diferentes para poder obter a cualificación de APTO: 1ª data: 25 de maio; 2ª data: 22 de xuño. Se quedan vacantes tamén hai a posibilidade de setembro, pero non é habitual. O pago das tasas da dereito ás tres datas, polo que, no caso de suspender na primeira data (maio), pode volver tentalo na segunda (xuño), ou terceira (setembro).

AVISO: Condicións Xerais para Aprobar as Probas Físicas (consultade tamén o baremo no regulamento)

• Os aspirantes deben superar con “APTO/A”:
□ A proba nº 1 de Adaptación ao Medio Acuático, obrigatoriamente.
□ Cinco das outras seis probas, entre as nº 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
□ Un total de seis probas, sempre e cando se cumpran ámbalas dúas condicións anteriores.
• No caso de non cumprir algunha das condicións anteriores serán cualificados como "NON APTO/A" no global das probas físicas, e tamén quedarán excluídos de facer o resto das probas.


Xornadas de Adestramento das Probas Físicas

¿Tes dúbidas de cómo son exactamente as probas aínda despois de ver o video das mesmas?

A Delegación de Alumnado da Facultade organiza tódolos anos uns días antes da celebración das probas. unhas Xornadas de Adestramento das Probas de Aptitude Física que dan acceso o Grao en CC da Actividade Física e do Deporte.

As probas terán lugar o 24 de maio e o 21 de xuño en horario de 10.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00.

Non é necesario inscribirse e é obrigatorio asistir con roupa deportiva.